GALERÍA DE ARTE LUISA PITA - +34 625342065

«Alrededor de la danza» de Fátima Rueda

“Alrededor de la danza» es el título de la exposición de la artista madrileña Fátima Rueda, que se inaugurará en la Galería de arte Luisa Pita, el próximo día 6 de Septiembre a las 20:30 horas.

La danza siempre ha sido una temática presente en el arte y desde el nacimiento del ballet como disciplina han sido muchos los artistas que han plasmado su belleza y plasticidad.

Fátima Rueda, artista de especial sensibilidad por las artes, plasma en su obra su amor por la danza, destacando en sus composiciones la armonía del cuerpo en movimiento y el uso del color, que crea a partir de pigmentos.

Las coreografías realizadas por su amigo Víctor Ullate, prestigioso bailarín y director de espectáculos de danza, son en muchos de sus proyectos el punto de partida en el que se inspira y trabaja; el propio Ullate señaló sobre su obra: «A lo largo de los años he tenido la suerte de ver sus magníficas creaciones sobre mis propios ballets y siempre ha conectado con mi sensibilidad artística. Creo que hay un diálogo de entendimiento entre su obra como pintora y mi obra como coreógrafo. Nadie mejor que ella para describir con trazos y color mis ballets».

La artista crea para esta exposición diversos formatos en pintura sobre madera, lienzo y papel, además de esculturas policromadas y objetos pintados que forman parte de su mundo creativo como por ejemplo las zapatillas de puntas tan preciadas por las bailarinas o botellas que interviene reflejando el lenguaje universal de la danza.

Fátima Rueda comienza su formación en la Escuela de Artes y Oficios Artísticos, Estudios libres del Círculo de Bellas Artes y en la Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Vive una larga temporada en San Francisco y posteriormente en Nueva York donde se forma en la Escuela de Danza de Erick Hawkins Su obra está representada en colecciones, museos e instituciones como el Museo Granell de Santiago de Compostela, Real Academia de Bellas Artes de Madrid, Centro Cultural Archivo Manuel de Falla de Granada, la Colección Balsera de EE.UU, la Colección Löwenberg de Alemania y la Colección Cinematográfica de Corea del Sur.

La exposición permanecerá desde el 6 de Septiembre hasta el 8 de Octubre 2019.

Fátima Rueda ou a maxia da vitalidade compartida.

Fátima é a compañeira de Juan. Xuntos forman unha parella envexable que goza das viaxes e da permanencia, das paisaxes e das xentes, dos lugares e dos sentimentos. Dous corpos, dúas personalidades, dúas maneiras de estar no mundo que son quen de unirse e compartir o tempo e os sentimentos. Tamén os de amizade con nós, cos galegos; tamén os de amizade con Granell e o surrealismo; tamén os de amor a unha terra á que volven para facernos felices cando os vemos aparecer nunha exposición e podemos compartir xantar e viño.

Xuntos viven e pintan por separado. Non se contaminan aínda que algunha vez podamos atopar converxencias.

Cores para unha exposición de Fátima Rueda. Azuis e vermellóns dixera alguén que coñecía a súa pintura. Azul violeta, vermellón granate, branco lúa, amarelo ocre, elegante gris case brillante… eran as cores que eu vía e a identificaban para min, máis aínda que a temática, máis aínda que a técnica e o estilo, as cores que ela fora buscando e elaborando ao longo do tempo, experimentando ata dar con elas; como alguén que busca a pedra filosofal (ou o elixir da vida) ela pescudaba nos pigmentos, probaba e ensaiaba… porque a súa procura era para sempre, para envolver nela os seus mundos. Unhas cores que definen a unha artista.

Baile con fondo de decorados. Fátima danza cando se move. A elegancia do seu movemento remítenos a unha temática moi querida. Ballets nos que os bailaríns se estilizan ata semellar figuras aladas, cadros nos que estes se debuxan en branco sobre a policromía e os seus corpos poden ser transparentes para que os traspase a cor do fondo. Coreografías que evolucionan desde o clasicismo a novas interpretacións de vangarda visual e musical. A exposición ten esa música que atravesa os sentidos e se integra no lenzo; leva a banda sonora incorporada igual que trae o movemento aínda na quietude da representación. Detense no desprazamento, fica xeado e inmóbil para que a música o obrigue a poñerse en marcha. Variacións que se cortan a modo de pause.

Escenografía e decorados que reciben o surrealismo nas telas e os atrezzos, que xogan coa abstracción e o universo dos soños onde entran os corpos celestes, as xeometrías, as formas informes.

Ás veces as figuras escapan do lenzo e aparecen en pratos, formas de poliéster ou abanos. Ás veces as cores foxen da tea para colorear as pezas de madeira, o modo de tótems surreais, de pezas de ebanistería torneadas. Ás veces os detalles do decorado e as cores de Fátima ocupan obxectos rodeándoos e introducíndoos no propio universo creativo; ás veces acaban tocando as pedras cos ollos omnipresentes que miran e senten. Como senten tamén e miran as redondeadas caras femininas que nos conducen a unha estética moi querida de noso. Ás veces, ergue xeometrías, escenografías propias, arquitecturas construídas con anacos de madeira, en pálidas tonalidades, que lembran a táboas, os restos dun naufraxio pulidos e lambidos polas mareas ao longo do tempo; escenografías para a danza dos días que… ás veces ten a ben o encontro en Compostela.

                                                                                                            Pilar Sampedro

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.