Antón Patiño (Monforte de Lemos, 1957). Artista visual e escritor. Realizou exposicións individuais en galerías e museos de Amsterdam, Estocolmo, New York, París, Bordeus, Zürich, Stuttgart. Obras en diferentes museos: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, CGAC, MEIAC, MACBA, Artium. O seu traballo foi definido polo crítico norteamericano Donald Kuspit como “expresionista conceptual”. Actualmente está pendente de inauguración a exposición ” Caosmos” no CGAC, Santiago de Compostela.
Publicou os seguintes libros: Xeometría líquida [1992] Mapa ingrávido [1992] Caosmos [2007]. Os libros de poesía titulados “Océano e silencio” e “Teoría do riso” [2015]. Autor con Xavier Seoane do manifesto ” Hai suficiente infinito” [1999]. Publicou libros sobre Reimundo Patiño [2000] Uxío Novoneyra [2010] Urbano Lugrís [1997] e Lois Pereiro [2011]. “Escritos dun sonámbulo” (en Cabalo de Troia). “Libro dous lugares”. Os ensaios sobre teoría da imaxe: “Todas as pantallas acesas” [2017] “Manifesto da mirada” [2018] en Fórcola Edicións e “De onde veñen as imaxes” [2020] Fórcola Edicións.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.