• Exposiciones
  • Artistas
  • Ferias
  • Vídeos
  • La Galería
  • Tienda
  • Contacto
  • GL
    • ES
    • GL
    • EN
Menu
  • Exposiciones
  • Artistas
  • Ferias
  • Vídeos
  • La Galería
  • Tienda
  • Contacto
  • GL
    • ES
    • GL
    • EN
0€ Cart

ARTURO ÁLVAREZ

Acerca de
Obras
Biografía
Catálogo
Exposiciones
Acerca de

Arturo Álvarez é produto da súa historia vital. A súa infancia marcou, sen dúbida, o seu futuro como creador. A natureza exuberante da súa terra natal, Galicia no noroeste de España, de profuso bosque atlántico, ríos e mares influencioulle fortemente ao longo de toda a súa traxectoria. Desde neno comezou unha profunda relación e investigación, acerca das posibilidades dos obxectos naturais que lle ofrecía a súa contorna, fabricando e construíndo os seus propios xoguetes. Esta maneira de relacionarse e explorar o próximo segue sendo a súa forma de abordar o traballo.

A madeira e o seu avó carpinteiro, meticuloso e de espírito creativo, tamén están presentes no seu ADN.

Na actualidade Arturo Álvarez está a desenvolver novas formas de expresión e linguaxe, coa luz como fío condutor e como protagonista o ser humano e as súas relacións, coas súas luces e as súas sombras, encontros e desencontros, temas que lle preocupan e profunda a partir de diferentes técnicas e materiais.

O recoñecemento ao seu labor, de vinte e cinco anos de carreira, chegoulle en forma de prestixiosos premios internacionais e numerosos recoñecementos como un innovador no campo da luz e, especialmente, da luz emocional.

Obras

Agora
Leria
Imos
Ver en tienda

Biografía

Arturo Álvarez é deseñador, artesán e artista. A el gústalle definirse como creador, concepto que sintetiza todos os anteriores e co que sente máis cómodo e recoñecido. Autodidacta, rebelde, sempre curioso, non lle gusta impoñerse límites. Na súa traxectoria hai tres momentos definidos. Os primeiros anos explora e traballa con conceptos figurativos, baseados na natureza. Nunha segunda época avanza cara á abstracción explorando formas xeométricas simples. Sen abandonar as referencias á natureza, aparece o corpo humano, unha temática que se repite e na que segue indagando ao longo dos anos.

 

Ver cv completo

Catálogo

Ver catálogo

Exposiciones

Soidades das falas

XUÑO / XULLO 2017

Conversas, Encontros e Agora, son esculturas de corpos etéreos e formas curvilíneas creadas a partir de materiais como o aceiro e o cordón xaponés, proxectan, a través da luz, a forza do ser humano, a súa enerxía vital e a súa capacidade para abrirse paso como individuo ou como grupo. Arturo Álvarez explora as relacións humanas e a comunicación entre as persoas a través do xogo de luces e sombras e a expresividade das pezas en solitario e en conxunto.

As pezas de Arturo Álvarez formaron parte de exposicións en galerías e museos de arte en España, Londres, Nova York e Tokio. Premios tan recoñecidos como o “ Good Desing Award” ou o “ Best of Year” do prestixioso magazine neoiorquino Interior Design, avalan a súa traxectoria profesional.

PrevArtista AnteriorFÁTIMA RUEDA
Artista SiguienteMARISA CRUZNext
COPYRIGHT © 2021 Luisa Pita Galería de Arte

Aviso Legal

Política de PrivacidadE

Política de Cookies

Phone-alt
Envelope
Facebook-f
Twitter
Instagram
Este sitio web utiliza cookies para mejorar tu experiencia. Si sigues navegando estarás aceptando nuestra Política de Cookies. ACEPTAR
Privacy & Cookies Policy

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Always Enabled

Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

Non-necessary

Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.