MAIO / XUÑO 2017
“FÁCIL”
Platón estaría moi interesado nesta mostra que Sandra Carvalho regálanos. E sería moi interesante que os dous, Platón e Sandra, tivesen unha conversación sobre o que é e non é realidade, e de como esta se nos transfigura a medida de ir adquirindo coñecemento e consciencia. Imaxínome a Platón falando sen parar e a Sandra calada, atenta. Imaxínome a Platón argumentando e teorizando sobre o que ve, e facendo apoloxía sobre a poética da sombra e o seu mito da caverna, e mentres tanto, Sandra calada, silenciada e atenta, colle un pincel e circunda a silueta do mesmo Platón, que agora observa perplexo e atónito a súa propia esencia insondable.
Sandra Carvalho, Sevilla 1974, sinálanos o camiño próspero que se oculta no presente.
Cada peza esconde e revela o seu propio atributo, como o fai a mesma luz sobre todas e cada unha das cousas deste mundo. Cada peza está parida desde a máis sincera apertura sensible e contemplativa. Sandra sinálanos, si, e lémbranos a fugacidade do permanente cambio, sempre belo e inclusivo; pois luz e sombra son inseparables nunha vida que se desprega fácil, co único propósito fiable de Ser o que se É.
Felipe Ortega-Regalado