Baixo o título “Imaxiñar que soño” o artista noiés Alfonso Costa presenta na Galería Bus Station Space unha exposición retrospectiva que abrangue máis de cen obras realizadas entre os anos 2000 – 2014.

Ao longo da súa traxectoria experimentou con todos os movementos artísticos: realismo, expresionismo, surrealismo, cubismo, manierismo, figuración…; e de todos eles hai pegada, pero a súa personalidade xera un estilo propio.

Xoga e sedúcenos coa súa obra regalándonos cor, composición, forma e contido nunha busca constante e delicada. Ante todo é un pintor de talento e dunha máis que notable  habelencia técnica, intuitivo e resistente a calquera encadramento. Esa liberdade lévao a explorar novas linguaxes plásticas que podemos ver nas súas diferentes facetas como gravador, debuxante, pintor, escultor e fotógrafo.

A súa presenza nas principais Feiras Internacionais de Arte como en Basel (Suíza), Loirent (Francia), Arco (Madrid), Dusseldorf (Alemaña), París e Portugal entre outras, acredítanno como unha das figuras máis representativas da arte contemporánea.

As súas obras poden verse en Museos  e Institucións públicas de todo o mundo e forman parte importante de diversas coleccións privadas.

“Imaxiñar que soño” é o traballo dun artista nato e dun home soñador.

Como el di “os soños son necesarios, sen eles a vida convértese en rutina”.

Comisaria de la exposición: Luisa Pita.

wp_20141010_002

wp_20140930_001

wp_20140930_005

wp_20140930_007

wp_20140930_018

wp_20141114_012

wp_20140930_011

Deja una respuesta